Amigos da Terra leva varios anos promovendo a formación e sensibilización arredor das hortas ecolóxicas nos centros educativos a través do seu proxecto Ecohortas Escolares. Despois dun período de un gran traballo e difusión, creceu o número de centros interesados en incorporarse ao seu itinerario formativo e de acompañamento de persoal, escolares e familias interesadas en utilizar a horta como recurso educativo multidisciplinar. Como pode intuírse, as situacións de partida dos centros é do máis diversa, co cal viuse a necesidade de conformar as posibles variantes e modalidades de participación dos centros no proxecto e por extensión da incorporación na rede da que forman parte todos os centros participantes (a Rede Ecohortas Escolares). a través dunha guía.
Así, a finais de 2021 comezamos a colaborar con Amigos da Terra no deseño dunha guía que dese resposta aos centros interesados en incorporarse á Rede de Ecohortas Escolares. O noso traballo foi acompañar a Amigos da Terra na identificación de necesidades e modalidades para finalmente plasmalas nun documento informativo accesible aos centros e persoas interesadas no proxecto, recollendo os datos e os pasos a seguir dun xeito claro e útil.
Podes botarlle unha ollada na web da Rede de Ecohortas Escolares ou pinchando na imaxe de máis abaixo