O Grupo de Estudos de Transición Ecosocial e Desexo celebrará o 25 de xaneiro o seu terceiro encontro presencial, nesta ocasión, con Jaime Vindel, historiador e investigador do CSIC.
Baixo o título Cultura Fósil, o 25 de Xaneiro ás 19.00 horas, na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña, haberá a oportunidade de conversar con Jaime Vindel sobre como os imaxinarios fósiles e enerxéticos repercutiron durante os dous últimos séculos en diversas disciplinas científicas e nas prácticas culturais, abordando de maneira crítica a súa vixencia, é decir como a arte ten participado tamén nesa visión do cecremento ilimitado.
Jaime Vindel é Doutor Europeo en Historia da Arte, investigador do Instituto de Historia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e entre os seus libros destaca Estética fósil. Imaginarios de la energía y crisis ecosocial (Arcadia, 2020) ou Cultura fósil. Arte, cultura y política entre la Revolución industrial y el calentamiento global (Akal, 2023)
Esta conversa é a terceira do Grupo de Estudos de Transición Ecosocial e Desexo, dedicado a indagar sobre o desexo que nos pode impulsar a crear novas ferramentas para a transición ecosocial, estando adicadas as anteriores ás Comidas Soberanas – da man de Daniel López e Begoña de Bernardo adicadas aos retos alimentarios- e Contar a Terra, coas poetas Luz Pichel e Lara Dopazo.
A seguinte sesión pública do Grupo de Estudos, Desexo e Amor, será o primeiro de febreiro do 2024 á mesma hora con mariamo e Alexandre Pichel-Vázquez.
Máis info sobre o Grupo de Estudos: https://transicionecosocial.tumblr.com