O 22 de novembro ás 20h terá lugar a primeria das sesións públicas do Grupo de Estudos Transición Ecosocial e Desexo na Fundación Luis Seone, na Coruña. Este programa de investigación experimental nace coa vontade de desentrañar aqueles desexos que activan as pancas que nos permiten avanzar cara mundos máis habitables.
A terra é un espazo físico, un recurso material que nos prove de alimentos, mais é moito máis, hai todo un entramado de relacións coa terra, de saberes que poden, e deben, ser restacados de cara a transición ecosocial. A conversa poética Contar a Terra que levarán Luz Pichel e Lara Dopazo Ruibal pretende pensar de que modo se poden xerar espazos de enunciación desde o propio rural para ler os seus propios procesos ou tamén atender a como non todas persoas desexan que a súa historia sexa escrita.
Luz Pichel, veciña de Alén (Lalín) é poeta, entre as súa sobras destacan Cativa en su lughar / casa pechada (col. Diminutos salvamentos, ed. Progresele, Madrid, 2013) ou Tra(n)shumancias (col. eme, Ediciones La Palma, Madrid, 2015) y CO CO COU (La uÑa RoTa, 2017).
Lara Dopazo é veciña de Marín e é escritora, licenciada en Periodismo, un máster en Filosofía Práctica e outro en escritura creativa pola Universidade de Iowa, foi tamén bolseira da Academia de Roma, entre as súas obras destaca Claus e o alacrán (Espiral Maior, 2018).
A seguinte sesión pública do Grupo de Estudos será o 14 de decembro co investigador Daniel López e a activista Begoña de Bernardo, quen conversarán ao redor das Comidas soberanas e da necesidade de tomar consciencia da importancia da alimentación de proximidade.