O 14 de decembro ás 19.00 horas, na sede da Fundación Luis Seoane na Coruña, terá lugar unha conversa a cargo da enxeñeira agrónoma e divulgadora Begoña de Bernardo e o o doutor en Agroecoloxía e investigador do CSIC Daniel López arredor da soberanía alimentar, a transición ecosocial e o desexo.
A conversa, enmarcada no programa público do Grupo de Estudos Transición Ecosocial e Desexo da Fundación Luis Seone e a Fundación Entretantos, abordará o signifcado de soberanía alimentaria, do papel das persoas consumidoras, asi como das estratexias colectivas que se poden dar para mellorar as desigualdades da cadea alimentar. Preténdese analizar o significado de proximidade e autonomía, así como as chaves para artellar o local e o global, partindo do contexto actual.
Begoña de Bernardo é Enxeñeira Agrónoma, activista e divulgadora sobre transición enerxética e límites do crecemento. Promotora do Centro para a Resiliencia Pousadoira para a divulgación e formación en temas referidos ao cénit do petróleo, ao decrecemento, e á recuperación de saberes tradicionais. Mebro da Asociación Véspera de Nada e Rede de Decrecemento Eo Navia-Galiza- O Bierzo e a Rede Galega de Sementes.
Daniel Lopez é Douctor en Agroecoloxía, Socioloxía e Desenvolvemento Rural Sostible. Traballa como investigador no Instituto de Economía, Geografía y Demografía do CSIC e colabora coa Fundación Entretantos. Os seus campos de investigación abarcan as Metodoloxías Participativas para a Transición Agroecolóxica e os Sistemas Alimentarios de Base.
A seguinte sesión pública do Grupo de Estudos, Estética Fósil, será o 25 de xaneiro do 2024 co investigador en historia da arte Jaime Vindel, quen prantexará cuestións arredor dos imaxinarios artísticos e a hiperprodución.
Máis info sobre o Grupo de Estudos: https://transicionecosocial.tumblr.com