No ano 2023, por encargo do Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22, a Fundación Entretantos desenvolveu un paquete de tarefas adicadas a identificar qué había no territorio vencellado a un potencial modelo agroalimentario local e sostible. Así, co ámbito de actuación que incluiu ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal (ademáis dos concellos de Miño e Vilarmaior) adentrámonos nos distintos puntos da cadea alimentaria para indentificar a aquelas persoas, proxectos e institucións chave no desenvolvemento de prácticas respectuosas co territorio, as persoas e a economía para a alimentación da poboación local.

Fixéronse numerosas entrevistas a persoas vencelladas á produción, ao pequeno comercio, os mercados, a transformación, aos concellos, a divulgación e sensibilización… para poder mostrar en primeiro lugar un mapa do existente no territorio e en segundo lugar poder facer unha pequena análise sobre o presente para valorar un posible futuro no que a alimentación acurte as canles entre a produción e o consumidor, onde as terras sean produtivas e coidadas e onde a vida se desenvolva coa dignidade que merece. Tamén desenvolvéronse varias reunións nas que poder intercambiar pareceres e incluso prantexar propostas concretas sobre os camiños que deberían percorrerse.

Froito desta indagación, e co ánimo de que esta conversa non quede parada, elaborouse un pequeno informe que podría servir de punto de partida e como documento de traballo para continuar argallando sobre as posibilidad de xerar sinerxias que fortalezan a estas iniciativas e poidan contribuir e camiñar cara a un novo modelo de sistema alimentario.

Podes descarregalo picando na foto